Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Pàgines:
256
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVA inclòs

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais a Librería María Zambrano

  • Gran Diccionario Xerais da Lingua
    Titulo del libro
    Gran Diccionario Xerais da Lingua
    Hermida Gulías, Carme / Iglesias Sierra, Primitivo / Ares Vázquez, Carme / Lema Suárez, Xosé María / López F
    Xerais
    O diccionario da lingua galega do novo milenio. Unha obra destinada a toda persoa que intente penetrar nos segr...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    91,10 €

  • (05).LINGUA GALEGA 4º.SECUNDARIA
    Titulo del libro
    (05).LINGUA GALEGA 4º.SECUNDARIA
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    35,56 €

  • Contos prodixiosos, I
    Titulo del libro
    Contos prodixiosos, I
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • COCINA GALLEGA TRADICIONAL
    Titulo del libro
    COCINA GALLEGA TRADICIONAL
    Felpeto Lagoa, Matilde
    Xerais
    Las recetas recogidas en " Cocina gallega tradicional " pertenecen al legado culinario de Galicia. En...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    28,95 €

  • As pedras verdes
    Titulo del libro
    As pedras verdes
    Fernández Lorenzo, Rafael
    Xerais
    Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo chamado Caique. Dende hai algún tempo ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,50 €