O voto emigrante

O voto emigrante. viaxe pola zona escura da democracia española

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540843
Any d'edició:
Matèria
ASSAIGS
ISBN:
978-84-7154-084-3
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
ENSAIO

Hai unha Galicia que vive fóra das nosas fronteiras e que tamén existe. ¿Que dereitos políticos podemos concederlle? O debate ten raiceiras históricas, desde a Restauración ata os nosos días, e tampouco somos o único país do mundo que vive esa circunstancia.Malia ser unha das cuestións que mereceron máis atención dos medios de comunicación galegos nos últimos anos, a problemática do voto dos emigrantes non é abondo coñecida. Este áxil ensaio xornalístico analiza a súa evolución histórica e realiza unha comparación co resto de países que permiten o sufraxio desde o estranxeiro. Fai unha radiografía das múltiples modalidades de fraude que permite o actual procedemento de votación e estúdanse as posibles solucións. O autor denuncia a continuidade na Galicia exterior da máis vella política caciquil da Restauración ao tempo que traza un retrato dos galegos na Latinoamérica de hoxe.

Matèria a Librería María Zambrano

Galaxia a Librería María Zambrano