Química 2ºbacharelato

Química 2ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630127
Any d'edició:
Matèria
LLIBRE DE TEXT
ISBN:
978-84-92630-12-7
Pàgines:
384
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
2ºBACHARELATO

32,24 €

IVA inclòs

Este libro que está dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelado foi  elaborado tendo en conta o Decreto que establece o "Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia". Os contidos do texto organízanse en nove temas e un apéndice. Os temas  correspóndense cos que se establecen no citado Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (salvo o tema 4: Cinética química, que non aparece no Currículo, pero completa o estudo  da reacción química). Ademais engádese o tema 0 como repaso do estudado no primeiro curso de Bacharelato, xa que será materia de exame nas PAAU e debemos lembrar que moitos dos alumnos e alumnas de Segundo de Bacharelato farán estas probas cando remate o curso. En cada tema faise un desenvolvemento teórico da materia, acompañado dunha serie de "Exercicios resoltos" que pretenden servir de guía e axuda para o alumnado na aplicación das ideas e conceptos que se van desenvolvendo no tema. Co fin de facer unha revisión do estudado, ao final de cada tema propóñense unha serie de exercicios que levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos. Moitos destes exercicios, así como algúns dos resoltos, propuxéronse no seu día nas PAAU de COU. Ademais recóllense, a modo de  orientación, os exercicios que apareceron nas PAAU (LOXSE) desde o ano 1996 até o 2008. Na maioría dos temas desenvólvense prácticas de laboratorio, que servirán para aplicar algúns dos conceptos estudados na práctica, non debemos esquecer que a Química é unha ciencia experimental. Ademais, na PAAU de Química aparecerá unha cuestión sobre prácticas de laboratorio que puntuará até dous puntos. As actividades TIC que se propoñen son tarefas de investigación que se  poden realizar en grupo, polo conxunto da clase ou individualmente. Pretenden relacionar os contidos co medio no que vivimos, e fomentar o  emprego das TIC. Ao final dos temas inclúese mapas conceptuais que facilitan a integración e interiorización dos coñecementos adquiridos en cada unidade. No apéndice indícanse as principais constantes físicas e químicas, que  poden ser de utilidade para o alumnado.

Altres llibres de l'autor a Librería María Zambrano

  • Química 2ºbacharelato
    Titulo del libro
    Química 2ºbacharelato
    Dominguez Real, Manuela
    Baia
    Os contidos do texto organízanse en oito temas. Nos Temas 1 e 2 trabállanse o segundo bloque do Currículo: ...
    No disponible

Matèria a Librería María Zambrano

Baia a Librería María Zambrano

  • Sibila e a monstruosa festa do Samaín
    Titulo del libro
    Sibila e a monstruosa festa do Samaín
    Nº 40
    Lado Ínsua, Marta
    Baia
    Como viven as familias vampiras Que senten, como se relacionan entre elas e cos humanos, cales son as súas pre...
    No disponible
  • O mal querer
    Titulo del libro
    O mal querer
    Nº 41
    Carou Figueira, Natalia
    Baia
    Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar:  é fillo único dunha respectada famil...
    No disponible
  • Amendoas e flores silvestres
    Titulo del libro
    Amendoas e flores silvestres
    Vázquez Álvarez, David
    Baia
    Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e d...
    No disponible
  • Sobre os reptiles
    Titulo del libro
    Sobre os reptiles
    AA.VV
    Baia
    A Dra. Peteiro é unha ave femia moi sabia que é consultora sentimental  dos animais. Agora podes ler os conse...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,40 €

  • Pola noite
    Titulo del libro
    Pola noite
    Chytilová, Lenka
    Baia
    Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos  cazan, as ras croan a todo meter, as f...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,90 €