Contos de Nadal

Contos de Nadal

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820837
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-9782-083-7
Páginas:
128
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

19,91 €

IVA incluido

Oito contos de nadal reunidos nun volume singular, de grande formato e  encadernación acortonada, que constitúe un feito único na edición en lingua galega. A recuperación do clasicismo narrativo do conto emotivo, que frecuentara Emilia Pardo Bazán, transformado por Manuel Rivas en neons de emoción, reinventadas visualmante por Miguelanxo Prado. O diálogo expansivo entre estas dúas miradas sensibles converten a este libro nunha buguina de esperanza. Oito historias acontecidas nos días de nadal, imaxes dunha realidade luxada pola incerteza do noso tempo e transformadas pola alquimia da memoria. "O namorado de María" ou a peripecia dos tres Magos que queren inventar a verdade a bordo dun coupé packard, circulando por un país condenado á insuficiencia respiratoria. "Madonna" ou a crónica emocionante dunha rapaza de cuarto de ESO, magoada polo mal das vacas tolas que afecta a unha das vacas da súa granxa o día de Noiteboa. "O partido de Reis" ou a proeza de Félix, ese mozo con síndrome de Down, que consegue pasar a raia estremecendo aos seus compañeiros de equipo que desputan un encontro cos das Casas Baratas. "O amor das sombras" ou o camiño que percorre na Noiteboa, acompañado do seu can, o vello solitario na procura da namorada da súa memoria. "A barra de pan" ou a sorprendente narración de como o Chanel comeu unha alma, transformada en barra de pan naqueles tempos da fame e da cartilla de racionamento. "O carteiro de Papá Noel" ou a experiencia de quen traballou ao servizo duns grandes almacéns e comprobou abraiado que naquela noite había moita felicidade que repartir. "Okay" ou a traxedia do naufraxio na Noiteboa do Begonia, o mellor buque do Gran Sole, provocado por un maldito golpe de mar. "A chegada de Ingrid" ou o recordo do regreso de Alemaña dun dos compoñentes daquel curioso Dúo Dinámico, que trouxo na maleta Ingrid, a moneca que falaba da súa soidade e expresaba o desexo de ser amado.

Otros libros del autor en Librería María Zambrano

Materia en Librería María Zambrano

Xerais en Librería María Zambrano

  • (03).(G.M).FORMACION E ORIENTACION LABORAL/ GRAO MEDIO
    Titulo del libro
    (03).(G.M).FORMACION E ORIENTACION LABORAL/ GRAO MEDIO
    Alonso Blanco, Albano J. / Mariño Leiro, Roxelio / Novales Ordax, Xurxo / Ríos Paredes, Xosé Lois
    Xerais
    No disponible

    20,75 €

  • Atravesar o espello
    Titulo del libro
    Atravesar o espello
    Seoane, Xavier
    Xerais
    Atravesar o espello quere ser unha reflexión sobre os libros e a lectura, pero sobre todo unha invitación a l...
    No disponible

    8,35 €

  • Sarmiento. Vida e obra
    Titulo del libro
    Sarmiento. Vida e obra
    Costa Rico, Antón
    Xerais
    Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 - Madrid, 1772), monxe bieito, é unha das figuras máis sob...
    No disponible

    9,55 €

  • A rede branca
    Titulo del libro
    A rede branca
    Morgan, Paco
    Xerais
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepida...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • O carteiro de Ximaraos
    Titulo del libro
    O carteiro de Ximaraos
    Labraña, Carlos
    Xerais
    O avó de Xoán era o carteiro da vila de Ximaraos antes de xubilarse. Como o home xa vai vello e cada vez ten ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €