Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus
 IBD

Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876342
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8487-634-2
Páginas:
226
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO - PESQUISA

Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema liberal no Estado español e en Galiza (1812-1936), así como na reducida dimensión das protestas promovidas polo descontento fronte a estes agravios.
Deste xeito, se ben xa na Constitución de 1812 enunciábanse como principios esenciais do dereito a liberdade e a igualdade dos individuos (e son estes o principal leitmotiv da conflitividade social de carácter reivindicativo durante o século XIX), as mulleres ficarían excluídas destas premisas até 1931.
Nesta discriminación xogarían un papel esencial tanto a reprodución da conversión dos pecados en leis a través do Estado liberal confesional como o monopolio da Igrexa católica na fixación das directrices morais que debían de imperar nas institucións educativas e nos espazos de socialización e ocio, ocupando un lugar principal a protección dos valores tradicionais ligados á familia e á sexualidade.
Os principios vinculados á moralidade nestes dous últimos ámbitos serían un puntal clave no contrapeso aos primeiros ecos feministas da Idade Contemporánea en Galiza. Uns ecos que se fixeron ouvir a contracorrente e que son pezas  fundamentais no camiño cara a erradicación da discriminación de xénero.

Otros libros del autor en Librería María Zambrano

Materia en Librería María Zambrano

Laiovento (ibd) en Librería María Zambrano

  • Os servizos no cambio de modelo agrario
     IBD
    Titulo del libro
    Os servizos no cambio de modelo agrario
    Ángeles Pereira Sánchez
    Laiovento (ibd)
    Título: Os servizos no cambio de modelo agrario.Subtítulo: Especialización, asociacionismo e cooperativismoE...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,85 €

  • Nadal e consumismo
     IBD
    Titulo del libro
    Nadal e consumismo
    Nº 454
    Branco Buxán, Xosé Ramón
    Laiovento (ibd)
    Subtítulo: Lucrativas realidades sociais baseadas en invenciónsO texto "NADAL E CONSUMISMO" aborda como o Nad...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Lúas do Orzán
     IBD
    Titulo del libro
    Lúas do Orzán
    Nº 450
    Pisón Villapol, Xesús
    Laiovento (ibd)
    Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está comp...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,95 €

  • Faíscas
    Titulo del libro
    Faíscas
    Xoán Carlos Domínguez Alberte
    Laiovento (ibd)
    Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que con...
    No disponible
  • Espertemos !
     IBD
    Titulo del libro
    Espertemos !
    Edgar Morin
    Laiovento (ibd)
    "Non sabemos o que nos está a pasar e iso é precisamente o que nos está a pasar onde", escribe José Ortega ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    9,95 €