(12).LINGUA E LITERATURA 2ºESO

(12).LINGUA E LITERATURA 2ºESO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654288
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-9865-428-8
Páxinas:
220
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
2ºESO

1. LECTURA MOTIVADORA Todas as unidades abren cunha lectura que adoita  servir de introdución aos tipos textuais que se presentan despois ou a outros contidos traballados (elementos de vocabulario ou a parte específica de literatura). Unha sección concibida a partir de preguntas encamiñadas a fomentar a comprensión do contido do texto, que os rapaces reflexionen e se expresen ?de xeito oral ou escrito?? sen descoidar os aspectos relacionados coa educación en valores. Do mesmo xeito ofrece outras propostas literarias e artísticas que poden ser do interese do alumnado coa idea de motivalos para que continúen explorando outros elementos culturais dende o texto de partida. 2. TRABALLAMOS COA LINGUA Divídese á súa vez, seguindo as directrices do currículo oficial, en Modelo textual, Funcionamento da Lingua e Oralidade. MODELO TEXTUAL E FUNCIONAMENTO DA LINGUA Aquí combinamos contidos e actividades de comprensión, reflexión e creación, para que resulte dinámico e atractivo para o alumnado. ORALIDADE A dobre páxina  de Oralidade pretende traballar as destrezas de comprensión e produción oral, así como o vocabulario e a fraseoloxía presentes nos textos reais ou simulados que se propoñen. As actividades abordaranse a partir do audio que está no CD do profesor, que tamén inclúe as propostas dixitais complementarias. 3. A LINGUA E NOS Analizamos a realidade sociolingüística galega, do Estado e do mundo. Tamén se abordan as situacións de contacto de linguas e promóvese a eliminación  de estereotipos e prexuízos lingüísticos. 4. LITERATURA Ademais dos contidos teóricos, apostamos por apartados novidosos, como o que chamamos Agora escribes ti, que invita os rapaces e rapazas a inserirse no proceso creador. Un completo Obradoiro Literario. 5. O FAIADO DAS LETRAS Unha completa selección de textos representativos, tanto do panorama literario galego como da literatura universal, relacionados cos contidos expostos na parte teórica. As actividades están deseñadas para que o alumnado desenvolva os coñecementos adquiridos dun xeito máis práctico.O libro de lingua galega e literatura de 2º da ESO consta de 12 unidades, cada unha delas dividida en 5 seccións. Como xa é tradicional nas propostas didácticas  de Galaxia, ofrecemos uns libros que organizan a información en dobres páxinas, como se fosen un encerado, para facilitar o estudo e comprensión dos contidos que se van tratar.

Materia en Librería María Zambrano

Galaxia en Librería María Zambrano

  • A mística da feminidade en Mad Men
    Titulo del libro
    A mística da feminidade en Mad Men
    Nº 119
    Cascudo, Xosé Antón
    Galaxia
    Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022 Este ensaio trata de desvelar as conexións entre a serie de TV Mad Men&n...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,70 €

  • Fascinio
    Titulo del libro
    Fascinio
    Pato, Chus
    Galaxia
    En Fascinio, coma nun movemento dialéctico, a poesía establece primeiro a necesidade doutra linguaxe para log...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • La Biblia
    Titulo del libro
    La Biblia
    Biblia
    Galaxia
    No disponible

    26,00 €

  • Carabela
    Titulo del libro
    Carabela
    Nº 237
    Carballeira, Paula
    Galaxia
    No disponible
  • O segredo de Marco Polo
    Titulo del libro
    O segredo de Marco Polo
    Castro Veloso, Francisco
    Galaxia
    Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII par...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,00 €