Antonio Gramsci. Cadernos do cárcere e outros escritos

Antonio Gramsci. Cadernos do cárcere e outros escritos. Escolma

Editorial:
Usc.univ.santiago compostela
EAN:
9788417595319
Ano de edición:
Materia
POL?TICA, RELIXI?N E FILOSOF?A
ISBN:
978-84-17595-31-9
Páxinas:
362
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CLASICOS DO PENSAMENTO UNIVERSAL

15,00 €

IVE incluído

Sería inexcusable privar a unha colección de grandes clásicos do pensamento da obra dun dos grandes teóricos do marxismo, impulsor de achegas fundamentais na evolución da esquerda europea. No contexto dos  anos máis convulsos do século XX, Antonio Gramsci (1891-1937) fundou o Partido Comunista de Italia e foi vítima da barbarie mussoliniana. No seu breve periplo vital, Gramsci atopou o tempo necesario para legar á humanidade o testemuño dunha mente brillante, dinámica e adaptativa, na súa meirande parte grazas a textos redactados nas duras  condicións dos cárceres fascistas e adoecendo sempre dunha precaria saúde. Os textos escolmados nesta antoloxía refírense, primeiro, ao período anterior ao encarceramento do autor (de 1916 a 1926); a parte principal da escolma corresponde xa aos anos de prisión, os chamados Cadernos do cárcere, escritos entre 1929 e 1935. Finalmente, a antoloxía incorpora unhas poucas pero moi significativas cartas. A variedade impresionante das anotacións dos Cadernos, a diversidade de temas e a fragmentación das reflexións pode desconcertar e impedir ver  os grandes troncos baixo esa densa vexetación. Por iso, o limiar desta edición resulta imprescindible para proporcionar unha clave interpretativa do conxunto do pensamento gramsciano, un pensamento en cuxa traxectoria operaron tres acontecementos decisivos: a revolución Rusa de 1917; o movemento revolucionario dos consellos de fábrica en Turín en 1920 e, por último, a decisiva experiencia de Gramsci en Moscova e Viena entre 1922 e 1924 como membro da Internacional. Estes acontecementos acrisolaron o armazón argumental de Gramsci estimulando  unha rápida aprendizaxe, unha acelerada evolución onde cada estadio contribuíu á definición dun pensamento moi pouco convencional, un pensamento que, oitenta e dous anos despois do tráxico pasamento do autor, renace en lingua galega coa plasticidade e vixencia que só se atopa nos clásicos.

Outros libros do autor en Librería María Zambrano

Materia en Librería María Zambrano

  • MANUAL DE PARAPSICOLOGIA
    Antigo
    Titulo del libro
    MANUAL DE PARAPSICOLOGIA
    Nº 2503
    HOLZER, HANS
    Edicomunicacion
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,24 €

  • Cognición social
    Titulo del libro
    Cognición social
    AA.VV
    Addison wesley
    El viejo aforismo de que pienso, luego existo mantiene intacto su vigor, pero en la actualidad cabría decir, c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    35,04 €

  • El plan infinito
    Antigo
    Titulo del libro
    El plan infinito
    Nº 1001
    ALLENDE,ISABEL
    Plaza & janes
    Historia de grandiosa concepción, El plan infinito recrea medio siglo de la sociedad norteamericana en la vida...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    21,90 €

  • O Impulso Criador
    Titulo del libro
    O Impulso Criador
    Reichholf, Josef
    EdiÇoes piaget
    No disponible
  • SEIS ENSAYOS HETERODOXOS
    Antigo
    Titulo del libro
    SEIS ENSAYOS HETERODOXOS
    GIMENEZ-FRONTIN, JOSE LUIS
    Madragora
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,95 €

Usc.univ.santiago compostela en Librería María Zambrano