Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego

Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497828833
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9782-883-3
Páxinas:
728
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

47,95 €

IVE incluído

Este Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, coordinado por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García e redactado por corenta e  seis persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha visión temática que permita encadrar o labor máis directamente filosófico no campo xeral da nosa cultura. De aí a súa división en dúas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente  non caben na primeira. Deste xeito, o Dicionario, en orde alfabética, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por cento dez autores, mentres que a Enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura: antropoloxía, pensamento científico, dereito, economía, estética, exilio, feminismo,  literatura, matemática, medicina, nacionalismo, pedagoxía, política, prensa e relixión. Por último os índices onomástico e temático permiten diversos percorridos, que, conxuntando sincronía e diacronía,  poden axudar a unha visión máis integral e realista da nosa cultura. A nómina de pensadores da primeira parte chega aos nosos días, ocupándose con maior profundidade dos autores fenecidos e delimitando a extension das entradas consonte á importancia do seu pensamento. Para os autores vivos acudiuse, cando foi posible, á información dos propios interesados, adoptándose un criterio de estrita austeridade informativa, cinxíndoa a datos biográficos básicos e referencia á obra  publicada no eido filosófico. Para a redacción da parte enciclopédica escolléronse estudosos cualificados, cuxa asinatura consta ao final dos mesmos. Ordenados, tamén, alfabeticamente estes traballos de maior extensión intentan ofrecer unha visión mais global e panorámica, recollendo problemas, preocupacións ou iniciativas que están presentes na cultura actual, procurando sinalar as directrices históricas que seguirn ao longo do tempo.

Outros libros do autor en Librería María Zambrano

Materia en Librería María Zambrano

Xerais en Librería María Zambrano

  • Luísa Villalta. Alma de violino
    Titulo del libro
    Luísa Villalta. Alma de violino
    Maceda, Beatriz
    Xerais
    Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €

  • Pingueiras e tarteiras
    Titulo del libro
    Pingueiras e tarteiras
    González Costa, Teresa
    Xerais
    No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a  súa cunca de porcelana inglesa. E ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €

  • Gramática insubordinada
    Titulo del libro
    Gramática insubordinada
    Obradoiro de Lingua Gianni Rodari
    Xerais
    "Gramática insubordinada", preparada polo Obradoiro de Lingua Gianni Rodari tenta operativizar a utopía de xo...
    No disponible
  • Nachtmahr
    Titulo del libro
    Nachtmahr
    Dans, Raúl
    Xerais
    Un novelista en plena crise creativa e a viaxe delirante que emprende a través do seu subconsciente, na procur...
    No disponible

    13,15 €

  • O río do esquecemento
    Titulo del libro
    O río do esquecemento
    Mandianes, Manuel
    Xerais
    Manuel Mandianes ofrécenos en "O río do esquecemento" unha vizosa achega á identidade colectiva dos galegos ...
    No disponible

    20,95 €